Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Luns, 12 de xullo de 1999 Páx. 9.067

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO de concurso, por procedemento aberto, de contrato para traballos específicos e concretos non habituais da administración.

1. Entidade adxudicadora: Deputación Provincial de Lugo.

2. Obxecto: realización de cursos de informática.

3. Orzamento: 9.720.000 pesetas.

4. Duración contrato: 15 de setembro a 30 de novembro/1999.

5. Garantía provisional: dous por cento do orzamento de licitación, depositada na Tesourería da Deputación Provincial.

6. Información: Servicio de Plans Provinciais e Contratación (Negociado de Plans Especiais).

7. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: trece (13) días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación do presente extracto de anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se debe presentar: a especificada no prego de cláusulas económico-administrativas particulares e técnicas.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Deputación Provincial de Lugo, de 10 a 14 horas.

8. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

9. O texto íntegro do presente anuncio figura publicado no BOP número 148, do 1 de xullo de 1999.

Lugo, 1 de xullo de 1999.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Faustino Martínez Fernández

Secretario da Deputación Provincial de Lugo