No BOP de Ourense do día da data publícanse íntegras as bases para a provisión de postos de traballo vacantes no cadro de persoal e no cadro laboral fixo, correspondentes á oferta de emprego público de 1999.
As prazas que se convocan son as seguintes:
A) Cadro de persoal.
-Unha (1) praza de técnico de Administración xeral grupo A. Oposición libre. Licenciado en dereito, ciencias políticas, económicas ou empresariais, intendente mercantil ou actuario.
-Unha (1) praza de celador de vías e obras, técnico auxiliar de Administración especial, grupo C: concurso oposición por promoción interna, para funcionarios do grupo D da área de actividades ou funcional correspondente, con título esixido para o grupo C ou ben con 10 anos de servicios como mínimo, conforme o artigo 61 da Lei 42/1994 e 73 do R.D. 364/1995, pero con título esixido para o grupo D.
-Dúas (2) prazas de encargado capataz de camiños, persoal de oficio, oficial Administración especial, gurpo D. Concurso oposición por promoción interna para funcionarios do grupo E con título esixido para o grupo D.
-Unha (1) praza de conductor especialista de maquinaria de vías e obras, persoal de oficio, oficial de Administración especial, grupo D. Concurso oposición por promoción interna para funcionarios do grupo E con título esixido para o grupo D. Permiso de circulación clase D.
-Unha (1) praza de oficial técnico de obras, grupo C, técnico auxiliar de Administración especial. Concurso oposición promoción interna para funcionarios do grupo D da área de actividades ou funcional correspondente, con título esixido para o grupo C ou ben con título esixido para o grupo D e 10 anos de servicio como mínimo, conforme o artigo 61 da Lei 42/1994 e 73 do R.D. 364/1995.
-Catro (4) prazas de administrativo de Administración xeral, grupo C. Concurso oposición por promoción interna para auxiliares de Administración xeral sen a titulación esixida para o grupo C, pero
cunha antigüidade de 10 anos na escala ou 5 anos se contan con cursos de formación específica sobre xestións de técnicas e organización do traballo administrativo ou réxime administrativo, impartidos por esta deputación, conforme o disposto no artigo 61 da Lei 42/1994, pero con título esixido para o grupo D.
B) Cadro laboral.
-Unha (1) praza de ordenanza, asimilada ó grupo E, subalternos de Administración xeral. Concurso oposición libre. Certificado de escolaridade.
-Dezaseis (16) prazas de legoeiros, asimiladas ó grupo E, Administración especial, persoal de oficios, operario. Delas, oito (8) por concurso libre e oito (8) por oposición libre. Certificado de escolaridade. As solicitudes presentaranse con independencia para a oposición libre e para concurso oposición libre, expresando claramente en que grupo se inclúe. Nas solicitudes de oposición libre non se poden facer constar nin alegar méritos que só se terían en conta na fase de concurso.
-Unha (1) praza de axudante telefonista, asimilada ó grupo E, persoal de oficios, operario Administración especial. Concurso oposición libre. Certificado de escolaridade.
-Unha (1) praza de técnico medio de recadación, asimilada ó grupo B, técnico medio de Administración especial. Concurso oposición libre. Diplomado universitario.
-Unha(1) praza de técnico de promoción cultural, asimilada ó grupo A, técnico superior de Administración especial. Oposición libre. Licenciado en filosofía e ciencias da educación.
-Dúas (2) prazas de encargado capataz de camiños, asimiladas ó grupo D, persoal de oficios, oficial Administración especial. Concurso oposición promoción interna para persoal asimilado ó grupo E con título para o grupo D. Graduado escolar ou equivalente.
-Unha (1) praza encargado imprenta, asimilada ó grupo C, persoal de oficios. Oposición libre. Bacharelato superior ou equivalente.
-Unha (1) praza oficial imprenta, asimilada ó grupo D, persoal de oficios. Oposición libre. Graduado escolar ou equivalente.
-Seis (6) prazas de conductores especialistas de maquinaria de vías e obras, persoal de oficios, oficiais de Administración especial, asimiladas ó grupo D. Delas, dúas (2) prazas por oposición libre. Graduado escolar ou equivalente e permiso de circulación clase D. Catro (4) para concurso oposición promoción interna de persoal asimilado ó grupo E con título para o grupo D.
-Unha (1) praza mecánico de vehículos, asimilada ó grupo D, persoal de oficios. Oposición libre. Graduado escolar ou equivalente.
-Unha (1) praza de encargado oficina e almacén parque, asimilada ó grupo D, persoal de oficios. Concurso oposición libre. Graduado escolar ou equivalente.
-Unha (1) praza de auxiliar técnico de obras, asimilada ó grupo D, persoal de oficios. Concurso oposición promoción interna para o persoal asimilado ó grupo E con título para o grupo D.
-Tres (3) prazas de albaneis, asimiladas ó grupo D, persoal de oficios, oficial de Administración especial. Delas, dúas (2) prazas por oposición libre. Graduado escolar ou equivalente. E unha (1) para concurso oposición por promoción interna de persoal asimilado ó grupo E con título para o grupo D.
As solicitudes presentaranse no rexistro xeral da deputación durante o prazo dos 20 días naturais seguintes ó da publicación do pertinente anuncio no Boletín Oficial del Estado. Tamén se poderán presentar na forma que determine o artigo 38.4º da Lei 30/1992. Nos casos de concurso ou concurso-oposición, á solicitude deben unírselle-los xustificantes dos méritos que se aleguen.
No mesmo prazo xustificarase o pagamento dos dereitos de exame polos seguintes importes, achegando coa solicitude o pertinente xustificante: para as prazas do grupo A ou asimilados: 3.000 ptas.; grupo B ou asimilados: 2.250 ptas.; grupo C ou asimilados: 1.250 ptas.; grupo D ou asimilados: 1.000 ptas.; grupo E ou asimiladas: 750 ptas.
A deputación facilitará copia das bases e modelo oficial de solicitudes, nas oficinas do rexistro xeral, rúa Progreso, 32 (Ourense), ou solicitándoo ó teléfono 988 38 51 00 ou fax 988 38 51 84.
Os sucesivos anuncios relativos a esta convocatoria publicaranse exclusivamente no taboleiro provincial de edictos en todo caso, e no BOP de Ourense cando proceda, de acordo coas bases das probas selectivas.
O que se publica da conformidade co disposto no artigo 233.3º da Lei 5/1997, de Administración local de Galicia.
Ourense, 2 de xullo de 1999.
O presidente
Rubricado

