De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona a resolución do expediente contra ela instruído pola Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais da Coruña, por incumprimento do R.D. 1945/1983, do 22 de xuño, no que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.
A partir do día seguinte á publicación desta resolución, de acordo cos artigos 114 e 117 da devandita Lei 30/1992, dispón dun prazo dun mes para presentar recurso ordinario ante o conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais.
Expediente: Secretaría 9/1999.
Denunciado: García Mejuto, S.L.
NIF: B-15539042.
Último enderezo coñecido: Elviña s/n. A Coruña.
Cualificación da infracción: leve.
Importe da sanción: vintecinco mil pesetas (25.000 ptas.).
No caso de conformidade coa sanción deberá facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro de Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións do Servicio Galego de Saúde nº 0182594701140179 do Banco Bilbao Vizcaya, rúa Senra, 3-5, Santiago de Compostela.
A Coruña, 11 de xuño de 1999.
Diego Bernal Llorente
Delegado provincial da Coruña

