Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Xoves, 15 de xullo de 1999 Páx. 9.235

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CÉDULA do 11 de xuño de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se comunica a resolución do expediente Secretaría 224/1998.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona a resolución do expediente contra ela instruído pola Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais da Coruña, por incumprimento do R.D. 1945/1983, do 22 de xuño, no que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.

A partir do día seguinte á publicación desta resolución, de acordo cos artigos 114 e 117 da devandita Lei 30/1992, dispón dun prazo dun mes para presentar recurso ordinario ante o conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais.

Expediente: Secretaría 224/1998.

Denunciado: Suárez Vázquez, Javier.

Razón social: Restaurante Casanova.

DNI: 76.344.829.

Último enderezo coñecido: praza García Hermanos, 15 baixo. Betanzos.

Cualificación da infracción: leve.

Importe da sanción: vintecinco mil pesetas (25.000 ptas.).

No caso de conformidade coa sanción, deberá facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro de Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións do Servicio Galego de Saúde nº 0182594701140179 do Banco Bilbao Vizcaya, rúa Senra, 3-5, Santiago de Compostela.

A Coruña, 11 de xuño de 1999.

Diego Bernal Llorente

Delegado provincial da Coruña