1. Entidade adxudicadora: Servicio Galego de Saúde, División de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Orzamentos, edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º. Teléfono 981 54 27 78; fax: 981 54 27 62. Santiago de Compostela.
2. Obxecto do contrato: a contratación dos servicios de transporte sanitario para altas hospitalarias e traslado interhospitalario do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto.
4. Orzamento base de licitación: importe máximo anual de trinta e seis millóns de pesetas (36.000.000 de ptas.), 216.364,36 euros.
5. Fianzas e garantías: fíxase unha fianza definitiva por importe dun millón catrocentas corenta mil pesetas (1.440.000 ptas.), 8.654,57 euros.
6. Documentos de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas pódense solicitar na División de Recursos Económicos (Servicio de Xestión de Concertos e Recursos Propios), edificio administrativo San Caetano, bloque 2, 2º, Santiago de Compostela, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.
7. Solvencia económico-financeira e técnica: acredítanse conforme o establecido nos puntos 4 e 5 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Criterios de adxudicación: os establecidos no punto 6 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.
9. a) Prazo e lugar de presentación das proposicións: as proposicións presentaranse antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, e segundo establece o punto 11 do prego de cláusulas administrativas particulares.
b) Documentación que deberán presenta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares e na forma que nel se sinala.
10. Data de apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, no décimo primeiro día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas; no caso de que este día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.
11. Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.
Santiago de Compostela, 18 de xuño de 1999.
Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Director xeral da División de Recursos
Económicos

