Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Xoves, 15 de xullo de 1999 Páx. 9.239

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

ANUNCIO.

A resolución da alcaldía do 22 de xuño de 1999 aprobou inicialmente o estudio de detalle para a ordenación de volumes e fixación de aliñacións e rasantes para o edificio que se vai situar na rúa Temple, 19-O Temple-Cambre, presentado por José Luis Mesejo Mariñas.

O que se fai público para xeral coñecemento. O expediente sométese a información pública polo prazo dun mes mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación da provincia, de conformidade co establecido no artigo 44.3º da Lei do solo de Galicia e artigo 140 do Regulamento de planeamento.

Durante o citado prazo poderanse formula-las alegacións que se estimen pertinentes. O expediente poderá ser consultado na Área de Urbanismo e Réxime Interior deste concello.

Cambre, 6 de xullo de 1999.

Antonio Varela Saavedra

Alcalde