Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Xoves, 15 de xullo de 1999 Páx. 9.239

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LALÍN

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión do 26-6-1999, acordou inicia-los trámites para a contratación do servicio de transporte de estudiantes a Santiago de Compostela, e para o efecto aprobou o correspondente prego de cláusulas administrativas particu

lares, que se expoñen xunto co presente anuncio polo prazo de catro días para reclamacións, e ordenou anuncia-lo seguinte concurso público:

Entidade adxudicataria: Concello de Lalín. Praza do Concello, nº 1. 36500 Lalín. Teléfono: 986 78 70 60. Fax: 986 78 20 42.

Obxecto: transporte de estudiantes a Santiago de Compostela para os cursos académicos 1999/2000, 2000/2001, 2001/2002 e 2002 /2003.

Orzamento: 4.500.000 ptas. (IVE incluído) por curso académico.

Duración do contrato: de conformidade co establecido no prego.

Modalidade de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e tramitación urxente.

Clasificación do contratista: non se esixe.

Exame do expediente: os licitadores poderán examina-lo expediente na Secretaría Xeral do Concello en horas de oficina, de luns a venres e ata o día anterior ó do remate do prazo de presentación de proposicións.

Lugar e prazo de presentación de proposicións: o presente anuncio será publicado no DOG e no BOP de Pontevedra e as proposicións presentaranse no rexistro xeral do concello ou na forma establecida no prego de condicións, dentro do prazo de 13 días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación do último dos anuncios indicados, e en horario de nove a catorce horas. As ofertas manteranse durante tres meses.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións terá lugar na casa do concello, ás doce horas e trinta minutos do seguinte día hábil ó da finalización do prazo de presentación de ofertas; para estes efectos considéranse os sábados como días inhábiles.

O pagamento deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Lalín, 30 de xuño de 1999.

Antonio Rodríguez Rodríguez

Alcalde