1. Entidade adxudicante. Organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Muller, Patrimonio e Contratación. Nº expediente.
2. Obxecto do contrato. Descrición: elaboración e desenvolvemento de proxectos e actividades para o programa da Concellería da Muller do Concello de Vigo O Noso Tempo 1999-2000.
Lotes: sí.
Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).
Prazo: proxectos que se executarán desde outubro de 1999 a xuño do 2000.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
Tramitación: ordinaria.
Procedemento: concurso de ideas.
Forma: aberto.
4. Orzamento base: o orzamento dispoñible para a execución dos diferentes programas non superará os 25.000.000 de ptas.
5. Garantías. Provisional: non se esixe. Definitiva: 4% do importe do contrato.
6. Obtención da documentación e información: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, Pza. do Rei, s/n. 36202 Vigo. Teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 81 02 40.
Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista.
Clasificación: esixirase só para aqueles contratistas que resulten adxudicatarios por un importe superior a 20.000.000 de pesetas.
Outros requisitos: acredita-la solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 19 da Lei 13/1995.
8. Presentación de ofertas. Data límite: 26 días seguintes á última publicación do presente anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.
Documentación: a esixida no prego de condicións técnicas.
Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.
Prazo de obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.
9. Outras informacións: para a valoración dos proxectos teranse en conta os criterios sinalados no prego de condicións técnicas.
10. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.
Vigo, 17 de xuño de 1999.
Manuel Pérez Álvarez
Alcalde

