1. Entidade adxudicante. Organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Muller, Patrimonio e Contratación. Nº expediente: 841/224.
2. Obxecto do contrato. Descrición: servicio da casa de acollida e piso tutelado para mulleres maltratadas.
Lotes: non.
Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).
Prazo do contrato: 2 anos.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
Tramitación: urxente.
Procedemento: aberto.
Forma: concurso.
4. Orzamento base: 39.277.520 ptas/ano (236.062,64 euros).
5. Garantías. Provisional: non se esixe. Definitiva: 4% do prezo do contrato.
6. Obtención da documentación e información: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, Pza. do Rei, s/n. 36202 Vigo. Teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 81 02 40.
Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista.
Clasificación: grupo III, subgrupo 8, categoría b.
Outros requisitos: acredita-la solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 19 da Lei 13/1995.
8. Presentación de ofertas. Data límite: 13 días naturais seguintes á publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP de Pontevedra e no Diario Oficial de Galicia.
Documentación: a esixida na cláusula 10 do prego de condicións.
Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.
Prazo de obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.
9. Apertura ofertas. Entidade, domicilio e localidade: Secretaría Xeral do Concello de Vigo, Pza. do Rei, s/n. 36202 Vigo.
Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte á data de finalización do prazo de presentación de proposicións.
10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase ó recollido na cláusula 10 do prego de condicións.
11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.
Vigo, 23 de xuño de 1999.
Manuel Pérez Álvarez
Alcalde

