Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Venres, 16 de xullo de 1999 Páx. 9.283

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 1999, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso e mediante procedemento aberto e tramitación urxente, para a subministración de aparellos médicos e dispositivos para este complexo hospitalario.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7º da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio) convoca o seguinte concurso:

Expediente: 59/99:

1. Obxecto: subministracións dos seguintes aparellos médicos e dispositivos: 1 videogastroscopio, 1 videocolonoscopio, 1 sistema de documentación de xeles de electroforese, 2 microscopios binoculares, 1 electroencefalógrafo, 1 microscopio de fluorescencia, 1 lavadora de biberóns, 1 monitor modular e 2 microscopios binoculares CX-40.

2. Orzamento: 21.580.000 ptas., IVE incluído (129.698,41 euros).

3. Prazo de execución: desde a data de formalización e ata o 31 de decembro de 1999.

4. Admisión de variantes: admitiranse como máximo unha variante por artigo.

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e tramitación urxente.

7. Clasificación: non se esixe.

8. Solvencia económica e financeira: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei de contratos das administracións públicas (Lei 13/1995, do 18 de maio, BOE nº 119, do 19 de maio).

9. Solvencia técnica: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 18 da Lei 13/1995, do 18 de maio, dos contratos das administracións públicas (BOE nº 119, do 19 de maio).

10. Criterios de adxudicación: ver folla de especificacións (punto 6).

11. Documentación: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pódese solicitar no Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, rúa Pizarro, 22-36204 Vigo, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas. Teléfono nº 986 81 60 23 e fax nº 986 81 60 65.

12. Prazo de presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do RXCE.

13. Documentación que deben presenta-los licitadores: presentarán en sobre pechado e asinado polo licitador a solicitude para participar, así como a documentación persoal, referencias técnicas e proposición económica, descritas no PCAP.

14. Apertura de proposicions: a apertura das proposicións admitidas realizaraa a mesa de contratación, reunida en acto público, na sala de xuntas do Hospital Xeral, ás 8.30 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicions terá lugar no día hábil seguinte.

15. Anuncios: o importe do anuncio deste concurso público será por conta dos adxudicatarios dos contratos.

Vigo, 1 de xullo de 1999.

José Manuel González Álvarez

Director xerente do Complexo Hospitalario

Xeral-Cíes de Vigo