Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Venres, 16 de xullo de 1999 Páx. 9.284

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 1999, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación, polo trámite de urxencia e mediante o sistema de concurso público e procedemento aberto, para a redacción do proxecto básico e de execución da implantación de resonancia magnética, TAC e ecógrafo no Hospital Xeral de Lugo.

Obxecto: redacción de proxecto básico e de execución.

Obra: implantación de resonancia magnética, TAC e ecógrafo no Hospital Xeral de Lugo.

Orzamento da contrata: 3.454.132 ptas.

Prazo de execución: 2 meses.

Clasificación do contratista: non se esixe.

Garantía definitiva: non se esixe.

Forma de tramitación: urxente.

Exposición da documentación: poderá examinarse na División de Recursos Económicos, (Subdirección Xeral de Investimentos) o nas direccións provinciais do Sergas nas respectivas provincias, en días hábiles das 9 ás 14 horas.

Solvencia económica, financeira e técnica: os licitadores terán que acredita-la solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas na Lei de contratos das administracións públicas.

Prazo de presentación de proposicións: deberán presentarse en man, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural a partir do seguinte ó da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Documentación que deberán presenta-los licitadores: os licitadores presentarán en sobre pechado e asinado por eles, a solicitude para participar, así como a documentación persoal e referencias técnicas, descritas no punto 5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación: os definidos na cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares que rexe este concurso.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación nas dependencias da Dirección Xeral de Recursos Económicos, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó do peche do prazo de admisión de ofertas.

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Anuncios: os anuncios deste concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de compostela, 5 de xullo de 1999.

P.D. (Decreto 49/1998 do 5 de febreiro)

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos