A Comisión de Goberno, en sesión do día 2 de xuño de 1999, aprobou a adxudicación mediante concurso para a execución das obras de rehabilitación dos edificios nº 10 e nº 11 da praza do Campo de Lugo; polo presente anúnciase a licitación consonte as seguintes características:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Concello de Lugo.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: a execución das obras do proxecto sinalado no encabezamento, redactado polos arquitectos Antonio de Vega Rodríguez, Luisa Serrano García e Rosa Ana Guerra Pestonit.
d) Prazo de execución: o prazo máximo de execución é de seis meses. Non obstante, o prazo de execución será o ofrecido na proposición do adxudicatario.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: 54.861.607 pesetas. Non obstante, o prezo do contrato será o ofrecido na proposición do adxudicatario.
5. Garantías.
Provisional: 1.097.232 pesetas.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Concello de Lugo, Servici de Contratación e Asuntos Xerais.
b) Domicilio. Ronda da Muralla, 197.
c) Localidade e código postal: Lugo, 27002.
d) Teléfonos: 982 29 71 43, 982 29 71 86.
e) Telefax: 982 29 72 59.
f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista.
a) Clasificación: grupo C, subgrupos 1 a 9, categoría D.
b) Outros requisitos: os sinalados no prego de condición.
8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: 26 días naurais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula oitava do prego de condicións.
c) Lugar de presentación:
1ª Entidade: Concello de Lugo, oficina de Rexistro ou ben nos lugares legalmente establecidos.
2ª Domicilio: praza Maior, 1.
3ª Localidade e códogo postal: Lugo, 27001.
d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses.
e) Admisión de variantes (concurso): as que os licitadores consideren convenientes.
9. Apertura das ofertas.
a) Entidade: Concello de Lugo.
b) Domicilio: praza Maior, 1.
c) Localidade: Lugo.
d) Data: o terceiro día hábil (agás sábado) posterior ó remate do prazo de presentación das proposicións.
10. Outras informacións: as que se recollen no prego de condicións.
11. Gastos dos anuncios: serán por conta do contratista adxudicatario.
Lugo, 2 de xuño de 1999.
María Eva Martín Minguela
Vicesecretaria
Visto e prace
Joaquín Mª García Díez
Alcalde

