O Concello Pleno, en sesión do día 13 de maio de 1999, tomou entre outros o seguinte acordo:
Aprobar definitivamente o Plan especial de reforma interior (PERI) relativo á unidade de execución nº 34 (UE 34), sita en Perillo.
Contra o presente acordo, que pon fin á vía administrativa, podería interpoñer recurso de reposición con carácter potestativo, no prazo dun mes, que se computará desde o día seguinte ó da súa notificación, perante o mesmo órgano que a dictou (ó abeiro do disposto polos artigos 116 e 117 da Lei 4/1994, de modificación da Lei 30/1992, do RXAPPAC).
Tamén poderá interpoñer conta esta resolución, no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo perante a orde xurisdiccional conten
cioso-administrativa, sen prexuízo da facultade de interposición do recurso extraordinario de revisión para os supostos e prazos previstos polo artigo 118 da citada lei.
Oleiros, 16 de xuño de 1999.
Esther Pita Pita
Alcaldesa-presidenta en funcións

