Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Venres, 16 de xullo de 1999 Páx. 9.287

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO de notificación ás persoas que se relacionan, da aprobación definitiva dun estudio de detalle en Outeiro de Cudeiro.

De conformidade cos artigos 59.4º e 61 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, e 42.6º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, faise público, ás persoas que a continuación se relacionan xa que, intentándose a notificación destas no último domicilio coñecido, esta non puido ser practicada, que:

O Concello en Pleno, en sesión ordinaria do día 14 de maio de 1999 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«O Concello Pleno acordou, por unanimidade, aprobar definitivamente o estudio de detalle para definicións de alineacións en Outeiro-Cudeiro».

Ernesto Rodríguez Soutullo.

Dolores Urdiquien Pavón.

Nieves Fortes González.

Emilio Fernández Soto.

Benigno Iglesias González.

Elisa Quintas Ojea.

Odila Novoa Santos.

Ramón Soto Gómez.

Contra a presente resolución, que é definitiva na vía administrativa, poderase interpor con carácter potestativo recurso de reposición ante o mesmo órgano que a dictou, no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte da publicación deste anuncio.

Contra a desestimación expresa do recurso de reposición, se se interpuxese, ou ben directamente contra a presente resolución é potestativa a interposición do recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Non obstante o recurso indicado, poderán utilizarse outros que así crean conveniente.

Todo iso conforme o disposto nos artigos 52 da Lei reguladora das bases de réxime local; 194 e concordantes do Regulamento de organización, fun

cionamento e réxime xurídico das entidades locales; 58 da Lei de réxime xurídico das administracions públicas e do procedemento administrativo común; así como os artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa e demais de aplicación.

Ourense, 21 de xuño de 1999.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente