Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Venres, 16 de xullo de 1999 Páx. 9.288

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SADA

ANUNCIO

O Pleno do Concello, na sesión do 11-6-1999, co quórum da maioría absoluta legal, e logo dos informes preceptivos e vinculantes da COTOP, acordou aprobar definitivamente as seguintes modificacións puntuais das normas subsidiarias de planeamento:

-Modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento relativa á delimitación da nova unidade de execución e organización de volumes en Cantalarrana (UEI-26).

-Modificación puntual das normas S. de P. no ámbito da UEI-3.

-Modificación puntual das N.S. de P. relativa á nova regulación do fondo edificable na planta baixa para a Ordenanza 1.

O que se fai público para os efectos do disposto no artigo 48 da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

Sada, 21 de xuño de 1999.

Ramón Rodríguez Ares

Alcalde