A Comisión de Goberno, en sesión ordinaria que tivo lugar o 27 de maio de 1999, acordou aprobar definitivamente o proxecto de urbanización da U.E. número 3, promovido por Arconsa Arcade, S.L., redactado polo arquitecto Manuel Díaz Rial.
Contra este acordo, que esgota a vía administrativa, poderase interpor, no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo ante a xurisdición competente, sen prexuízo de que poida exercerse, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.
Soutomaior, 17 de xuño de 1999.
Venancio Seoane Conde
Alcalde en funcions

