Aprobado inicialmente o proxecto de urbanización do plan parcial do solo urbanizable programado nº 1, polígono de execución Pousa del Obispo y Finca de las Aguas presentado por Pousa del Obispo, S.A., José Gómez y otros, para efectos de execución técnica e material do planeamento, exponse ó público polo prazo dun mes, de conformidade co disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, e artigo 141 do Regulamento de xestión urbanística, quedando o expediente de manifesto na Sección de Urbanismo, en horario de oficina.
Tui, 25 de xuño de 1999.
Antonio F. Fernández Rocha
Alcalde

