Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Martes, 20 de xullo de 1999 Páx. 9.406

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LOBEIRA

ANUNCIO para a licitación dun contrato de servicios.

Con data do 28 de abril de 1999 foron aprobados polo Pleno da Corporación os pregos de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas que rexerán o concurso, por procedemento aberto e trámite de urxencia, do contrato de servicios de elaboración, programación, xestión e control do curso de guías formativos da Baixa Limia, os cales se expoñen ó público polo prazo de catro días naturais, desde a publicación deste anuncio no DOG e no BOP.

Simultaneamente, anúnciase a licitación para adxudica-lo contrato, aínda que a licitación se aprazará cando resulte necesario, no suposto de que se formulen reclamacións contra os citados pregos.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Lobeira.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría xeral desta corporación.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: elaboración, programación, xestión e control do curso de guías formativos da Baixa Limia.

b) Lugar de execución ou entrega: Concello de Lobeira.

3. Tipo de licitación: 5.136.503 ptas.

4. Duración: 6 meses.

5. Fianza provisional: 2%: 102.730 ptas.

6. Fianza definitiva: 4%: 205.460 ptas.

7. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

8. Obtención da documentación e información:

a) Entidade: secretaría desta corporación, en horario das 9 ás 14.

b) Domicilio: travesía do Toural, nº 4.

c) Localidade e código postal: Lobeira, 32850.

d) Teléfonos: 988 45 85 13, 988 45 85 45.

e) Telefax: 988 45 85 79.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a finalización do prazo de presentación de ofertas.

9. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación (grupo, subgrupo e categoría): non se esixe.

b) Outros requisitos: os indicados no prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: dentro dos trece días naturais seguintes ó da inserción deste anuncio no BOP e no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a que se sinala no prego de cláusulas particulares que rexen a contratación e conforme o modelo que no citado prego se establece, en sobres cerrados ou por correo certificado, con xustificación da data de imposición e da comunicación o mesmo día ó órgano de contratación, mediante telegrama ou telefax.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral da corporación. Domicilio e código postal: Travesía do Toural, nº 4, 32850 Lobeira.

11. Apertura de ofertas:

a) Entidade: Concello de Lobeira.

b) Domicilio: travesía do Toural, nº 4, Lobeira.

c) Data: ás doce horas do terceiro día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de proposicións, non considerándose hábil para estes efectos os sábados. Se coincidise en sábado ou festivo, reunirase a mesa o primeiro día hábil seguinte.

12. Gastos de publicación: por conta do adxudicatario.

Lobeira, 25 de maio de 1999.

Emilio Higuero Cardoso

Alcalde