O Concello Pleno, en sesión do día 31 de maio de 1999, tomou, entre outros, o seguinte acordo:
Aprobar definitivamente o expediente denominado Plan Especial de Reforma Interior (PERI) na Cortiña, Montrove-Liáns, coa condición seguinte:
Actualizarase a referencia na lexislación urbanística que aparece no punto 1.1. da memoria.
Contra o presente acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso de reposición con carácter potestativo, no prazo dun mes, que se computará desde o día seguinte ó da súa notificación, perante o mesmo órgano que a dictou (ó abeiro do disposto polos artigos 116 e 117 da Lei 4/1994, de modificación da Lei 30/1992, do RXAPPAC).
Tamén poderá interpoñer contra esta resolución, no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo perante a orde xurisdiccional contencioso-administrativo, sen prexuízo da facultade de interposición do recurso extraordinario de revisión para os supostos e prazos previstos polo artigo 118 da citada lei.
Oleiros, 22 de xuño de 1999.
Esther Pita Pita
Alcaldesa-presidenta en funcións

