A Comisión de Goberno, en sesión do 4-6-1999, acordou presta-la aprobación inicial ó estudio de detalle modificado para o axuste de aliñacións nas parcelas estremeiras coa rúa de novo trazado que une a Avda. Fernández de la Mora coa rúa Gabino Bugallal, segundo a petición de Manuel Aranda Núñez, en representación de Somarti, S.L. e de conformidade co proxecto presentado polo arquitecto Clemente Sequeiros Sestelo co obxecto da regularización das plantas de vivendas suprimindo o chafrán.
Exponse ó público o expediente polo prazo dun mes, para efectos de reclamacións. Lugar de consulta: secretaría xeral.
Ponteareas, 10 de xuño de 1999.
José Castro Álvarez
Alcalde

