Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Martes, 20 de xullo de 1999 Páx. 9.407

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación definitiva da modificación do plan parcial do polígono A-1.1-O Bao, do Plan Xeral de Ordenación Urbana.

O Pleno da Corporación, en sesión do 29-4-1999, aprobou definitivamente a modificación puntual do

plan parcial do polígono A-1.1-O Bao, do Plan Xeral de Ordenación Urbana, promovida mediante iniciativa particular por Granja del Bao, S.A. e redactada polos arquitectos José A. e Ignacio Hermo Túñez, coa finalidade de modifica-los retranqueos esixibles da Ordenanza de Edificación Industrial-Comercial (I-C), fondos de parcela e laterais, reducindo eses retranqueos e permitindo unha maior ocupación en planta, sen modifica-la distancia á fronte nin ningún outro dos parámetros autorizados.

De conformidade co informe da CPTOPV do 18-3-1999, os novos retranqueos propostos só afectarán a linderos entre parcelas do polígono, respectando o mínimo de 3 m fixado polo plan parcial vixente para lindeiros que dan a zonas verdes, equipamentos e de propiedades exteriores ó polígono e, así mesmo, estes novos retranqueos son acordes e compatibles cos coeficientes de ocupación máxima establecidos para cada parcela nas fichas individualizadas contidas no punto 4.2 do plan parcial vixente, coeficientes que terán que respectarse en tódolos casos.

O que se fai público para a súa executividade, subliñándose que contra este acto administrativo, que pon fin á vía administrativa, se poderá interpoñer ben o recurso potestativo de reposición perante o mesmo órgano que a dictou e no prazo dun mes contados desde o día seguinte ó da súa notificación, consonte co establecido no artigo 116.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, na redacción dada pola Lei 4/1999, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa notificación, conforme o disposto nos artigos 8.1º e 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

De se interpoñe-lo recurso potestativo de reposición, este deberá ser resolto e notificado no prazo dun mes segundo se establece no artigo 117.2º da citada Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, entendéndose desestimado polo transcurso do mencionado prazo sen resolución expresa, de conformidade co establecido no artigo 43.2º desa Lei 30/1992, podéndose entón interpoñer recurso contencioso-administrativo dentro do prazo de seis meses contados desde o día seguinte a aquel no que se deba entender presuntamente desestimado o recurso de reposición interposto, conforme o establecido no artigo 46.1º e 4º da Lei 29/1998.

Non obstante, tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que os interesados consideren procedentes consonte a dereito.

Pontevedra, 24 de maio de 1999.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral