Con data do 12 de xullo de 1999, foi aprobado pola Comisión Municipal de Goberno o prego de cláusulas administrativas para a contratación das obras de saneamento en Sandiás (PIEL-99), o que se expón ó público na secretaría do concello polo prazo de 8 días hábiles, para que poidan presentarse reclamacións, contados desde o día seguinte ó da publicaión deste anuncio no BOP ou DOG.
Así mesmo, anúnciase a licitación para adxudica-lo contrato mediante concurso e polo trámite de urxencia.
Tipo licitación: 11.686.102 ptas.
Fianza provisional: 233.722 ptas.
Fianza definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.
Proposicións: presentaranse no Rexistro de Entrada do concello, durante o prazo de 13 días naturais, contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG. Os criterios de valoración e a documentación para tomar parte no concurso figuran no expediente que consta na secretaría do concello.
Apertura de plicas: terá lugar ás 13 horas do segundo día hábil (agás sábado), a aquel en que remata o prazo de presentación de ofertas.
Información: Concello de Sandiás, teléfono: 988 46 50 01. Fax: 988 44 60 48.
Sandiás, 13 de xullo de 1999.
Mª Concepción Méndez Gándara
Alcaldesa

