Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Xoves, 22 de xullo de 1999 Páx. 9.479

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE CARBALLO

CÉDULA de requirimento (28/1999-M).

En virtude de resolución dictada en executoria 28/1999, dimanante de xuízo de faltas 319/1998,

sobre unha falta de estafa, acordouse o requirimento de Juan Carlos Oreiro Varela, para que faga efectiva a pena de multa que lle foi imposta dun mes, fixando o importe de cota diaria da pena de multa na contía de catrocentas pesetas, e a que indemnice conxunta e solidariamente xunto con Justo Vecino Sánchez, na cantidade de cinco mil cincocentas pesetas á que foron condenados, en concepto de indemnización e ó pagamento das custas causadas.

E para que así conste e lle sirva de requirimento en forma a Juan Carlos Oreiro Varela, en paradoiro descoñecido, expido esta cédula en Carballo o quince de xuño de mil novecentos noventa e nove.

A secretaria xudicial

Rubricado