Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.
Solicitante: Eléctrica de Castro Caldelas, S.L.
Enderezo social: Galera, 1, 15003 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S., C.T., Rabal-Laguiñas-Castro.
Situación: Castro Caldelas.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV de 370 m de lonxitude en conductor unipolar de aluminio de 95 mm provistos de illamento seco termoestable 15/25 kV, con orixe no apoio nº 2 da L.M.T. Rabal-Castro (1ª fase) no lugar de Picoutos e remate no C.T. proxectado Laguiñas con 160 kVA, R/T 20.000/398-230 V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Ourense, 10 de maio de 1999.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense

