Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de
execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Eléctrica de Castro Caldelas, S.L.
Enderezo social: r/ Galera, 1, 15003 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S., C.T. de 250 kVA e R.B.T.S. no predio do Conde de Oleiros.
Situación: Castro Caldelas.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea de 200 m de lonxitude en conductor R.H.V./D.V.H. 12/20 kV, con orixe na estación transformadora que subministra enerxía eléctrica a vila de Castro Caldelas e remate no C.T. proxectado en caseta, con 250 kVA, R/T 20 kV/380-220 V no predio do Conde de Oleiros en Castro Caldelas. Saídas en baixa tensión con rede subterránea.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir de día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente o seu dereito.
Ourense, 18 de maio de 1999.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense

