Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Xoves, 22 de xullo de 1999 Páx. 9.484

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 1999, da Dirección Xeral de Industria, pola que se lle renova ó Centro de Estudios Vértice a cualificación de entidade recoñecida para impartir cursos teóricos-prácticos para a obtención de carnés profesionais de instalador en mantedor-reparador de instalacións de calefacción, climatización e auga quente sanitaria.

Vista a solicitude presentada por Catalina Arévalo Blázquez en representación do Centro de Estudios Vértice, e a documentación anexa, na que se solicita que se lle renove a cualificación de entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos para a obtención de carnés profesionais de instalador e mantenedor-reparador de instalacións de calefacción, climatización e auga quente sanitaria.

Vista a instrucción técnica complementaria IT-IC 11 do Regulamento de instalacións térmicas nos edificios (RITE) aprobada por R.D. 1751/1998, do 31 de xullo (BOE do 5 de agosto), pola que se establecen especialidades dos carnés profesionais de instalador e mantedor-reparador de instalacións de calefacción, climatización e auga quente sanitaria e se fixa o número mínimo de horas para desenvolve-los programas dos cursos teóricos e de coñecementos específicos para a obtención destes.

Considerando que se cumpriron os requisitos regulamentarios establecidos.

Esta Dirección Xeral de Industria,

RESOLVE:

Renovarlle á empresa Centro de Estudios Vértice a cualificación de entidade recoñecida para imparti-los cursos teórico-prácticos para a obtención dos carnés profesionais de instalador e mantedor-reparador de instalacións de calefacción, climatización e auga quente sanitaria, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

A duración dos cursos en número de horas axustarase ó disposto na ITE 11 do R.D. 1751/1998 do 31 de xullo de 1998.

Para imparti-los cursos, deberase comunicar á dirección xeral de Industria e á Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da provincia correspondente o programa, profesorado, lugar, horario e exames, co fin de realiza-lo control correspondente.

Esta autorización deberá renovarse ós dous anos, para o que deberá acreditar ante esta Dirección Xeral de Industria o cumprimento dos requisitos esixidos na autorización inicial.

Contra esta resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente o seu dereito.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 1999.

Joaquin del Moral Crespo

Director xeral de Industria