En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou,
o día 17 de xuño de 1999, certificación expedida polo secretario da devandita asociación, José Manuel García Fraga, avalada co visto e prace da súa presidenta, Ana María Conde Valdueza, na que se reflicte o acordo acadado na xunta xeral extraordinaria celebrada o día 27 de marzo de 1999, consistente no cambio do domicilio social que queda fixado na rúa Montevideo, nº 12-baixo, Lugo.
Santiago de Compostela, 29 de xuño de 1999.
José María Fernández Olea
Director xeral Relacións Laborais

