En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou, o día 23 de xuño de 1999, certificación expedida polo secretario da devandita asociación, Manuel Iglesias Pérez, avalada co visto e prace do seu presidente, Antonio Salgado Rodríguez, na que se reflicte o acordo acadado pola xunta xeral celebrada o día 19 de xuño de 1998, consistente no cambio do domicilio social que queda fixado en: Lg. Cano-Trasmonte, Oroso (A Coruña).
Santiago de Compostela, 29 de xuño de 1999.
José María Fernández Olea
Director xeral Relacións Laborais

