Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Xoves, 22 de xullo de 1999 Páx. 9.505

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 28 de xuño de 1999, da Área Provincial da Coruña, pola que se lle notifica ó interesado, intentada a notificación a que se refire o artigo 59 da Lei 30/1992, o acordo de incoación do expediente sancionador VP-C 20/1999.

Por medio desta cédula e en cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, en relación co artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, que aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, notifícaselle ó interesado acordo de incoación do correspondente expediente sancionador que, co número que se indica, se iniciou neste organismo por defectos de construcción, causa tipificada no artigo 153.C.6, de infraccións en materia de vivenda.

Desígnanse respectivamente instructora e secretaria desta a Clara Gómez Ruiz e Carmen Pombo Chans, concedéndolles ós interesados quince días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación desta cédula para facer en tantas alegacións como crean oportunas no seu descargo e, de se-lo caso, solicita-la práctica das probas.

E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados de enderezo descoñecido e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na coruña o 28 de xuño de 1999.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

VP-C 20/1999.

Jesús Cao García.

Glorieta Orden Tercera, 1-3º A (Ferrol).

Data notificación: 27-5-1999 (10.30 h.) e 28-5-1999 (10.05 h.).