Por medio desta cédula e en cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, en relación co artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, que aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, notifícaselle ó interesado acordo de incoación do correspondente expediente sancionador que, co número que se indica, se inicia neste organismo por realizacións de obras non autorizadas polo IGVS, causa prevista no artigo 5.e da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda.
Desígnanse respectivamente instructora e secretaria destes a Clara Gómez Ruiz e Carmen Pombo Chans, concedéndolles ós interesados quince días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación desta cédula para faceren tantas alegacións como crean oportunas no seu descargo e, de se-lo caso, solicita-la práctica das probas.
E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados de enderezo descoñecido e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na coruña o 28 de xuño de 1999.
Mª Teresa Morán Calero
Xefa da Área Provincial da Coruña
ANEXO
VP-C 19/1999.
Nuria Espantoso Hermida.
Avda. La Solana, 96-98, 1º C (Narón).
Data notificación: 27-5-1999 (12.20 h.) e 28-5-1999 (12 h.).

