Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Xoves, 22 de xullo de 1999 Páx. 9.505

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 29 de xuño de 1999, da Área Provincial da Coruña, pola que se lle notifica ó interesado, intentada a notificación a que se refire o artigo 59 da Lei 30/1992, a resolución do expediente sancionador VP-C 9/1998.

Por medio desta cédula e en cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, en relación co artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, que aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, notifícaselle ó interesado acordo de incoación do correspondente expediente sancionador que, co número que se indica, debido á neglixencia por parte do promotor durante a execución das obras que deron lugar a vicios ou defectos na edificación, manifestados dentro dos 5 anos ó

da súa cualificación definitiva, causa prevista no artigo 153.C.6, da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda.

Á dita infracción impónselle unha multa de 250.000 ptas., sen prexuízo do obrigado cumprimento da orde de obras dada.

Contra dita resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa recepción.

E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados de enderezo descoñecido e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na coruña o 29 de xuño de 1999.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

VP-C 9/1998.

Jesús Cao García.

Glorieta Orden Tercera, 1-3º A (Ferrol).

Data notificación: 7-6-1999 (10.40 h.) e 8-6-1999 (10.10).