O director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza, en virtude das atribucións que lle foron delegadas polo artigo 7 letra j) da Orde do 21 de abril de 1998, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde (DOG nº 88, do 11 de maio) e coa autorización expresa prevista nesta mesma norma, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la licitación que a continuación se cita:
Obxecto: adquisición de camas, mesas de noite, cadeiras de brazos e colchóns (plan de necesidades 1999).
Orzamento: 29.050.500 ptas. (174.597,02 euros).
Garantía provisional: 200.000 ptas. (1.202,02 euros).
Lote 1: camas hospitalarias (107) e mesas de noite (107).
Orzamento: 24.289.000 ptas. (145.979,83 euros).
Garantía provisional: 485.780 ptas. (2.919,60 euros).
Lote 2: cadeiras de brazos de pacientes (107).
Orzamento: 3.210.000 ptas. (19.292,49 euros).
Garantía provisional: 64.200 ptas. (385,85 euros).
Lote 3: colchóns (107).
Orzamento: 1.551.500 ptas. (9.324,70euros).
Garantía provisional: 31.030 ptas. (186,49 euros).
Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto.
Prazo de entrega: 15 días a partir da sinatura do contrato.
Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes.
Solvencia económica, financeira e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
Criterios de adxudicación:
Oferta económica: 45%.
Características técnicas e prestacións: 30%.
Servicio de asistencia técnica: 25%.
Total: 100%.
Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Contratación do complexo hospitalario (planta terceira do edificio do hotel de pacientes, anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84. 15006-A Coruña, en días labo
rables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: 981 17 80 73. Fax: 981 17 80 32.
Presentación de proposicions: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.
Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da xerencia do complexo hospitalario (planta baixa do hotel de pacientes), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.
Documentación que deberán presenta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
Anuncios: os anuncios deste concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.
A Coruña, 28 de xuño de 1999.
Jesús Caramés Bouzán
Director xerente do Complexo Hospitalario Juan
Canalejo-Marítimo Oza da Coruña

