O director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza, en virtude das atribucións que lle foron delegadas polo artigo 7 letra j) da Orde do 21 de abril de 1998, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde (DOG nº 88, do 11 de maio) e coa autorización expresa prevista nesta mesma norma, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la licitación que a continuación se cita:
Obxecto: equipamento de anestesia e reanimación, UCI, laboratorio e radioloxía (plan de necesidades 1999).
Orzamento: 33.600.000 ptas (201.940,07 euros).
Garantía provisional: 672.000 ptas. (4.038,80 euros).
Lote 1: respiradores de ventilación invasiva.
Orzamento: 18.000.000 de ptas. (108.182,18 euros).
Garantía provisional: 360.000 ptas. (2.163,64 euros).
Lote 2: equipo de monitorización intracranial (medidor do PCI).
Orzamento: 2.200.000 ptas. (13.222,27 euros).
Garantía provisional: 44.000 ptas. (264,45 euros).
Lote 3: Sist. Automat. de preparación/inxección de mostras para HPLC.
Orzamento: 3.400.000 ptas (20.434,41 euros).
Garantía provisional: 68.000 ptas. (408,69 euros).
Lote 4: ecógrafo alta resolución.
Orzamento: 10.000.000 de ptas. (60.101,21 euros).
Garantía provisional: 200.000 ptas. (1.202,02 euros).
Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto.
Prazo de entrega: 15 días a partir da sinatura do contrato.
Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes.
Solvencia económica, financeira e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
Criterios de adxudicación:
Oferta económica: 45%.
Características técnicas e prestacións: 30%.
Servicio de asistencia técnica: 25%.
Total: 100%.
Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Contratación do complexo hospitalario (planta terceira do edificio do hotel de pacientes, anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84. 15006-A Coruña, en días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: 981 17 80 73. Fax: 981 17 80 32.
Presentación de proposicions: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.
Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da xerencia do complexo hospitalario (planta baixa do hotel de pacientes), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.
Documentación que deberán presenta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
Anuncios: os anuncios deste concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.
A Coruña, 28 de xuño de 1999.
Jesús Caramés Bouzán
Director xerente do Complexo Hospitalario Juan
Canalejo-Marítimo Oza da Coruña

