Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Xoves, 22 de xullo de 1999 Páx. 9.508

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 29 de xuño de 1999, da Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol, pola que se fai pública a adxudicación definitiva dos expedientes 9, 10 e 14/1999.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, e para cumprimento do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos coas administracións públicas, acorda darlle publicidade á adxudicación dos seguintes contratos de subministracións:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde. Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos, estrada de San Pedro, s/n, 15405 Ferrol.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Subministracións, Unidade de Contratación. Teléfono 981 33 45 14. Fax 981 33 40 84.

2. Obxecto da contratación.

a) Tipo de contrato: subministracións.

b) Descrición do obxecto.

-CP 9/1999: suturas mecánicas e trócares.

-CP 10/1999: fíos de sutura.

-CP 14/1999: contratación dun sistema para a realización de probas hormonais e marcadores tumorais con destino ó laboratorio de análises clínicas.

c) Lotes: véxase punto 5.b).

d) Data de publicación do anuncio de licitación.

-CP 9 e 10/1999: DOG nº 37, do 23 de febreiro de 1999.

-CP 14/1999: DOG nº 62, do 31 de marzo de 1999.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

-CP 9/1999: 6.175.500 ptas. (37.115,50 euros) (IVE incluído).

-CP 10/1999: 6.389.589 ptas. (38.402,20 euros) (IVE incluído).

-CP 14/1999: 36.630.000 ptas. (220.150,73 euros) (IVE incluído).

5. Adxudicación.

a) Data: 18 de xuño de 1999.

b) Contratistas:

C.P. 9/1999

Lote Denominación ContratistaImporte

adxudicado

Total

ptas.

Total

euros

1Suturas mecánicas cortadoras1.549.403
2Suturas mecánicas lineaisJohnson & Johnson, S.A.1.108.991
3Suturas mecánicas circulares1.698.732
5Extractor grampas111.3234.468.44926.855,92

4Suturas mecánicas pelDeserto

6Aplicador clipsConvatec, S.A.215.9109.500.0001.297,64

7Suturas mecánicas laparoscópicasDeserto

8Aplicador clips estructura tubácea509.500
9Trócar dun só uso laparoscopiaDisgamedica, S.L.526.0001.035.5006.223,48

TOTAIS5.719.85934.377,04

C.P. 10/1999

Lote Denominación ContratistaImporte

adxudicado

Total

ptas.

Total

euros

1Suturas Catgut S296.270
2Suturas Catgut CRJohnson & Johnson, S.A.1.022.667
3Suturas poliglactín3.345.796
4Suturas seda758.382
5Suturas nailon331.4775.754.59234.585,79

Lote Denominación ContratistaImporte

adxudicado

Total

ptas.

Total

euros

6Mallas polipropilenoDisgamedica, S.L.614.530614.5303.693,40

TOTAIS6.369.12238.279,19

C.P. 14/1999

LoteDenominaciónContratistaImporte

adxudicado

1Sistema para a realización de probas hormonais e marcadores tumoraisAbbott Científica, S.A.36.630.000 ptas.

(220.150,73 euros)

Ferrol, 29 de xuño de 1999.

Pedro Molina Coll

Director xerente do Complexo Hospitalario

Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos

de Ferrol