Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Xoves, 22 de xullo de 1999 Páx. 9.510

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 8 de xullo de 1999, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso público aberto, polo trámite de urxencia e subministracións sucesivas, para a adquisición de equipamento electromédico con destino ó Hospital Comarcal do Barco de Valdeorras-Ourense. (SCS-41/99). (6 lotes).

1. Nome e enderezo do servicio: Servicio Galego de Saúde-Servicio de Subministracións, Mantemento e Instalacións (División de Recursos Económicos), edificio administrativo San Caetano, bloque 2, andar 2º en Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 27 68. Fax: 981 54 27 62.

2. Modalidade de adxudicación: concurso público polo procedemento aberto.

3. a) Lugar de entrega da subministración Hospital Comarcal do Barco de Valdeorras en Ourense.

b) Natureza e cantidade dos productos que se deban subministrar: adquisición de equipamento electromédico (6 lotes).

Orzamento total: sesenta e nove millóns setecentas cincuenta mil pesetas, IVE incluído (69.750.000 ptas., IVE incluído). 419.205,94 euros.

Lote nº 1: seladora de bolsas: 450.000 pesetas.

Lote nº 2: ecógrafos Doppler: 6.000.000 de pesetas

Lote nº 3: reveladoras: 6.000.000 de pesetas.

Lote nº 4: TAC helicoidal: 47.000.000 de pesetas.

Lote nº 5: mamógrafo: 7.000.000 de pesetas.

Lote nº 6: ortopantomágrafo: 3.300.000 pesetas.

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os subministradores liciten por partes e/ou polo conxunto das subministracións requiridas: cada licitador poderá presentar proposicións individuais por unicamente algún dos lotes da subministracións e proposicións agrupadas de varios lotes, ata un máximo de tres.

4. Prazo de entrega eventualmente imposto: prazo de entrega máximo: trinta días desde a petición nos lotes 1, 2 e 3; e o prazo dos lotes 4, 5 e 6 será de dous meses.

5. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicita-los documentos pertinentes: ver punto 1.

b) Data límite para efectuar esta solicitude: 30 de agosto de 1999.

6. a) Data límite de recepción das ofertas: 6 de setembro de 1999.

b) Enderezo ó que deben dirixirse: ver punto 1.

c) Lingua ou linguas nas que deban redactarse: castelán ou galego.

7. a) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: terá lugar na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.

8. Fianzas e garantías esixidas:

Provisional:

Licitando ós seis lotes: 1.395.000 pesetas (8.384,12 euros).

Ver anexo III do prego de cláusulas administrativas particulares da dita contratación para garantía provisional de cada lote.

9. Modalidades esenciais de financiamento e pagamento e/ou referencias ós textos que as regulan: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de provedores: ver artigo 24 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

11. Informacións e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter ecónomico e técnico que deberá reuni-lo provedor: acreditarase por algún de entre os documentos sinalados no anexo I do prego de cláusulas administrativas particulares para a dita contratación.

No caso dos productos sanitarios, a solvencia técnica acreditarase mediante declaración responsable do cumprimento da lexislación vixente, en especial no R.D. 414/96, do 1 de marzo, (marcado CE, con base na directiva 89/336 CE ou 93/42CE e acompañado do número de identificación do organismo notificado, con excepción nos productos da clase I).

No caso doutros productos que non precisen axustarse ó establecido no citado real decreto, a solvencia técnica acreditarase mediante algún dos documentos sinalados no anexo II do prego, xunto cunha declaración responsable do licitador relativa á non aplicabilidade.

12. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: desde a sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 1999.

13. Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato:

a) Composición e características técnicas dos equipos ofertados: ata 35 puntos.

b) Características do servicio técnico e mantemento dos equipos: ata 25 puntos.

c) Grao de cumprimento da normativa vixente: ata 15 puntos.

d) Prezo dos equipos ofertados: ata 15 puntos.

e) Outros valores engadidos (Cumprimento ISO 9000, inclusión de características non esixidas nos pregos de prescricións técnicas, etc.): ata 10 puntos.

14. Se é o caso, prohibición das variantes.

15. Información complementaria.

16. Data da publicación no Diario Oficial de las Comunidades Europeas.

17. Data de envío do anuncio: 15 de xullo de 1999.

18. Data da recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado OPOCE).

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 1999.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos

Económicos