Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Xoves, 22 de xullo de 1999 Páx. 9.511

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

ANUNCIO.

O Pleno do Concello de Cambre, na súa sesión do 29 de abril do ano que andamos, acordou aprobar

definitivamente o plan parcial para a ordenación de parte do solo apto para urbanizar residencial de baixa densidade-1 A Castellana, no lugar de Outeiro-Cambre, elaborado polos arquitectos Ángel Luis e Eduardo Monteoliva Díaz e promovido por Enrique Vázquez Salinas, Antonio Moure Rama e Daniel Castro Rodríguez.

O que se fai público de conformidade co establecido no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

Contra este acordo poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante a sala competente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, durante o prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte ó da última publicación deste acto, segundo o establecido no artigo 10.1º da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Cambre, 4 de xuño de 1999.

Antonio Varela Saavedra

Alcalde