Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Xoves, 22 de xullo de 1999 Páx. 9.512

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-321).

Por resolución nº 2788/1999, do 13 de maio de 1999, acordouse o seguinte:

Aprobar definitivamente o expediente de delimitación do ámbito do SUP 3-R, en Perillo, cos cambios de titularidade formulados a través das alegacións e a inclusión no ámbito da totalidade da parcela nº 11.8.33.66 de Luis Rama Díaz, tal e como se sinala no informe e plano que se xunta do arquitecto municipal.

Contra o presente acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso de reposición con carácter potestativo, no prazo dun mes, que se computará desde o día seguinte ó da súa notificación, perante o mesmo órgano que a dictou (ó abeiro do disposto polos artigos 116 e 117 da Lei 4/1994, de modificación da Lei 30/1992, do RXAPPAC).

Tamén poderá interpoñer contra esta resolución, no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo perante a orde xurisdiccional contencioso-administrativo, sen prexuízo da facultade de interposición do recurso extraordinario de revisión para os supostos e prazos previstos polo artigo 118 da citada lei.

Oleiros, 16 de xuño de 1999.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta, en funcións