Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Xoves, 22 de xullo de 1999 Páx. 9.512

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (217/1999).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión do día 1 de xullo de 1999 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente o proxecto de compensación da área C do SU-25 da modificación puntual do PXOU no Campus Universitario por instancia de Manuel Barja Bande, en representación de Promociones Campus, S.C.

De conformidade co disposto no artigo 102 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o citado expediente á exposición pública polo prazo de vinte días, que empezará a contar a partir do día seguinte ó da ultima publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que consideren pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 9 de xullo de 1999.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde