Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Xoves, 22 de xullo de 1999 Páx. 9.512

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN CENTRO DE TRANSFUSIÓN DE GALICIA

ANUNCIO polo que se fai pública a lista de puntuacións obtidas na convocatoria de prazas de persoal laboral fixo publicada o 10 de maio de 1999.

No Diario Oficial de Galicia do 10 de maio de 1999 (DOG nº 88) fíxose pública unha convocatoria de probas selectivas para cubrir prazas de persoal laboral fíxo da Fundación Centro de Transfusión de Galicia, de acordo co establecido na Lei 10/1996, do 5 de novembro, de actuación de entes e empresas nas que ten participación maioritaria a Xunta de Galicia, en materia de persoal e contratación.

Ponse en coñecemento dos interesados que as listas que conteñen as puntuacións dos aspirantes que superaron as diferentes fases da convocatoria citada anteriormente están expostas no taboleiro de anuncios da Fundación Centro de Transfusión de Galicia, sito na Avda. Monte da Condesa s/n, 15706 Santiago de Compostela.

Tamén poderán consulta-las listas no teléfono 981 16 73 04, das 9 ás 15 horas.

O período de reclamacións será de cinco días hábiles desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 1999.

Roberto García de Villaescusa Collazo

Director técnico da Fundación Centro

de Transfusión de Galicia