Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Venres, 23 de xullo de 1999 Páx. 9.557

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 1999 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 15 de xullo de 1999, polo que se modifica a relación de postos de traballo da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

O Decreto 270/1997, do 18 de setembro, publicado no DOG nº 191, do 3 de outubro de 1997, polo que se crea a Escola de Altos Estudios Musicais, configura entre os órganos rectores da escola ó xefe de estudios.

O Consello Rector do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais (IGAEM), na súa xuntanza do 17 de marzo de 1998, acordou modifica-la súa relación de postos de traballo.

Todo isto fai necesario modifica-la vixente relación de postos de traballo da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Por todo isto, por proposta da devandita consellería, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma de Galicia e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día quince de xullo de mil novecentos noventa e nove, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro.-Modifica-la vixente relación de postos de traballo da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.

Segundo.-Ordena-la publicación de dita modificación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do quince de xullo de mil novecentos noventa e nove, relativo á modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo,

coa finalidade de cumpri-lo dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 1999.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública

ANEXO

Consellería de Cultura, Comunicación Social

e Turismo

Na relación de postos de traballo da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo publicada no DOG nº 252, do 27 de decembro de 1996, na páxina 11.869, no centro de destino «INSTITUTO GALEGO DAS ARTES ESCÉNICAS E MUSICAIS», realízanse as seguintes modificacións:

Persoal laboral

Supresións:

«CU.A01.00.000.15770.005.-DIRECTOR XOVE ORQUESTRA GALEGA».

«CU.A01.00.000.15770.009.-SUBDIRECTOR BALLET».

Creacións:

Código do posto: «CU.A01.00.000.15770.004».

Denominación: «XEFE ESTUDIOS DA ESCOLA DE ALTOS ESTUDIOS MUSICAIS».

Vacante: «SI».

Observacións: «CONTRATO ALTA DIRECCIÓN».

Código do posto: «CU.A01.00.000.15770.023».

Denominación: «XEFE SERVICIO ADMINISTRATIVO».

Vacante: «SI».

Forma provisión: «C».

Grupo: «II».

Categoría: «1».

Titulación académica: «3802».

Formación específica: «829-830».

Código do posto: «CU.A01.00.000.15770.083».

Denominación: «TREMOEIRO».

Vacante: «SI».

Forma provisión: «C».

Grupo: «IV».

Categoría: «25».

Formación específica: «827».

Complemento de convenio: «196.914».