O Decreto 223/1998, do 24 de xullo, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 147, do 31 de xullo de 1998, crea na Consellería de Industria e Comercio a unidade de Oficina de Tramitación Única de Industrias.
O Decreto 181/1999, do 17 de xuño, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 121, do 25 de xuño de 1999, no seu artigo único, parágrafo 2, crea na Delegación Provincial de Pontevedra unha oficina en Vigo á fronte da cal existirá unha unidade con nivel orgánico de servicio.
Todo isto fai necesario modifica-la vixente relación de postos de traballo da Consellería de Industria e Comercio.
Por todo isto, por proposta da devandita consellería, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma de Galicia e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día quince de xullo de mil novecentos noventa e nove, adoptou o seguinte
ACORDO:
Primeiro.-Modifica-la vixente relación de postos de traballo da Consellería de Industria e Comercio, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.
Segundo.-Ordena-la publicación da dita modificación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.
Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do quince de xullo de mil novecentos noventa e nove, relativo á modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Industria e Comercio, coa finalidade de
cumpri-lo dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 16 de xullo de 1999.
Jaime Pita Varela
Conselleiro da Presidencia e Administración
Pública
ANEXO
Consellería de Industria e Comercio
Na relación de postos de traballo da Consellería de Industria e Comercio, publicada no DOG nº 19, do 29-1-1999, prodúcense as seguintes modificacións:
Persoal funcionario
Modificacións:
-Na páxina 1.017:
No centro de destino «DELEGACIÓN PROVINCIAL A CORUÑA», o posto «IC.C99.10.000.15001.241.-XEFE DE NEGOCIADO» pasa a ser:
Código do posto: «IC.C99.10.000.15001.221».
Denominación: «XEFE SECCIÓN OFICINA TRAMITACIÓN ÚNICA INDUSTRIAS».
Vacante: «NON».
Nivel: «24».
Complemento específico: «1.056.252».
Tipo posto: «N».
Forma provisión: «C».
Grupo: «ABC».
Corpo/escala: «XERAL/ESPECIAL».
No centro de destino «DELEGACIÓN PROVINCIAL LUGO», o posto «IC.C99.10.000.27001.029.-ENXEÑEIRO TÉCNICO» pasa a ser:
Código do posto: «IC.C99.10.000.27001.108».
Denominación: «XEFE SECCIÓN OFICINA TRAMITACIÓN ÚNICA INDUSTRIAS».
Vacante: «NON».
Nivel: «24».
Complemento específico: «1.056.252».
Tipo posto: «N».
Forma provisión: «C».
Grupo: «ABC».
Corpo/escala: «XERAL/ESPECIAL».
-Na páxina 1.018, no centro de destino «DELEGACIÓN PROVINCIAL OURENSE», o posto «IC.C99.10.000.32001.138.-XEFE NEGOCIADO» pasa a ser:
Código do posto: «IC.C99.10.000.32001.117».
Denominación: «XEFE SECCIÓN OFICINA TRAMITACIÓN ÚNICA INDUSTRIAS».
Vacante: «NON».
Nivel: «24».
Complemento específico: «1.056.252».
Tipo posto: «N».
Forma provisión: «C».
Grupo: «ABC».
Corpo/escala: «XERAL/ESPECIAL».
-Na páxina 1.019, no centro de destino «DELEGACIÓN PROVINCIAL PONTEVEDRA», o posto «IC.C99.10.000.36001.129.-XEFE SECCIÓN DE PROMOCIÓN INDUSTRIAL E TECNOLOXÍAS» cambia de «código», «denominación» e «corpo/escala» que pasa a ser:
Código do posto: «IC.C99.10.000.36001.114».
Denominación: «XEFE SECCIÓN OFICINA TRAMITACIÓN ÚNICA INDUSTRIAS».
Corpo/escala: «XERAL/ESPECIAL».
Creacións:
-No centro de destino «OFICINA DE VIGO», engádese o seguiente posto de traballo:
Código do posto: «IC.C99.10.001.36560.001».
Denominación: «XEFE SERVICIO OFICINA DE VIGO».
Vacante: «SI».
Nivel: «28».
Complemento específico: «1.431.060».
Tipo posto: «S».
Forma de provisión: «LD».
Grupo: «AB».
Corpo/escala: «XERAL».

