Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Venres, 23 de xullo de 1999 Páx. 9.555

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 214/1999, do 15 de xullo, polo que se dispón o cesamento e o nomeamento de membros do Consello Escolar de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 5 da Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia, e no artigo 7 e concordantes, do Decreto 44/1988, do 11 de febreiro, polo que se desenvolve

esta lei, e unha vez designados polos organismos representativos dos sectores con incidencia no ámbito educativo, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día quince de xullo de mil novecentos noventa e nove,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Que cesen como membros do Consello Escolar de Galicia as seguintes persoas:

1. En representación de personalidades de recoñecido prestixio no campo da educación, propostos polo conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria:

José Gónzalez Ordás.

2. En representación de titulares de centros privados, designados polas organizacións empresariais correspondentes en proporción á súa representatividade:

Marcelino Fuentes Ramos.

3. En representación do Consello da Xuventude de Galicia:

Carlos Castiñeiras Rois.

4. En representación das organizacións empresariais que de acordo coa lexislación vixente teñan a consideración de máis representativas:

José Antonio Moar Armas.

Artigo 2º

Noméanse membros do Consello Escolar de Galicia, nas condicións determinadas na Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia, as seguintes persoas:

1. En representación de personalidades de recoñecido prestixio no campo da educación, propostos polo conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria:

Gregorio de Frutos Sanz.

2. En representación de titulares de centros privados, designados polas organizacións empresariais correspondentes en proporción á súa representatividade:

José Antonio Moar Armas.

3. En representación do Consello da Xuventude de Galicia:

Francisco Vilariño Taboada.

4. En representación das organizacións empresariais que de acordo coa lexislación vixente teñan a consideración de máis representativas:

Carmen Borrego Fernández.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, quince de xullo de mil novecentos noventa e nove.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria