O Decreto 82/1989, do 11 de maio, regula a figura de espacio natural en réxime de protección xeral.
Con carácter preventivo e co fin de salvagardar certos espacios ante posibles riscos ou ameazas de degradación e para garanti-lo mantemento dos ecosistemas, o artigo 6 do citado decreto permite a declaración provisional de certos espacios en réxime de protección xeral.
Por outra banda, o citado Decreto 82/1989, no seu artigo 5 establece que, unha vez redactada a proposta de inclusión no rexistro xeral, esta se someterá a información pública e se acordará a apertura do trámite de audiencia por resolución da Consellería de Medio Ambiente.
Por todo o anterior
DISPÓN:
Artigo 1º
Declárase provisionalmente como espacio natural en réxime de protección xeral a Lagoa do Rei sita
en Rábade, cos límites que se reflicten graficamente no anexo a esta orde.
Artigo 2º
Sométese a información pública e ábrese o trámite de audiencia dos interesados para a súa declaración definitiva como espacio natural en réxime de protección xeral e consecuentemente a súa inclusión definitiva no Rexistro Xeral de Espacios Naturais de Galicia.
O que se fai público para que poida ser examinado nas oficinas da Subdirección Xeral de Medio Ambiente Natural, Caza e Pesca Fluvial, da Consellería de Medio Ambiente (San Lázaro, 83, Santiago de Compostela) e na Delegación Provincial de Lugo (Ronda da Muralla, 70, 27003 Lugo) e para que se formulen as alegacións que se consideren oportunas nun prazo dun mes, contado desde o seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 15 de xullo de 1999.
José Carlos del Álamo Jiménez
Conselleiro de Medio Ambiente

