Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Venres, 23 de xullo de 1999 Páx. 9.561

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 24 de xuño de 1999 pola que se convoca concurso para a provisión de postos de traballo vacantes das escalas de estatística da Xunta de Galicia.

Advertidos erros no texto da citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 126, do 2 de xullo de 1999, cómpre efectua-las seguintes correccións:

-Na base II.7, onde di: «por pertencer ó grupo A: 2,5 puntos; por pertenecer ó grupo B: 1,3 puntos», debe dicir: «por pertencer ó grupo A: 2,5 puntos; por pertencer ó grupo B: 1,3 puntos; por pertencer ó grupo C: 0,1 puntos».

-No anexo III, páxina 8.493, onde di: «2A, 3A...», debe dicir: «1A, 2A, 3A...».

-Na mesma páxina, no apartado de cursos, onde di: «denominación do posto desempeñado», debe dicir: «denominación do curso».