Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Venres, 23 de xullo de 1999 Páx. 9.561

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 15 de xullo de 1999 pola que se procede á adxudicación, con carácter definitivo, de postos ós funcionarios que superaron o proceso selectivo convocado pola Orde do 26 de novembro de 1993 para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala superior de finanzas.

Realizado o acto de petición de destino definitivo, o día 14 de xullo de 1999, dos funcionarios do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala superior de finanzas, nomeados por Resolución do 20 de marzo de 1996 (DOG nº 109, do 4 de xuño) e unha vez elevada a proposta de adxudicación por parte da correspondente comisión, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Adxudicarlles con carácter definitivo ós funcionarios do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala superior de finanzas, nomeados pola Resolución do 20 de marzo de 1996 (DOG nº 109, do 4 de xuño) que se relacionan no anexo, os postos de traballo que se especifican neste.

Segundo.-A toma de posesión dos/as funcionarios/as efectuarase nos prazos establecidos no artigo 14 do Regulamento 93/91 (DOG nº 58, do 15 de marzo), computándose estes a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase impugnar directamente ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, segundo a Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 1999.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública

ANEXO

Número: 21.

Código do posto: EF.C99.10.000.36001.087

Denominación: inspector tributario.

Nivel: 26.

Concello: Pontevedra.

Apelidos e nome: Losada Trabada, Mª Regina.

DNI: 32.774.891

Quenda: acceso libre