Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Venres, 23 de xullo de 1999 Páx. 9.561

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 1999, da División de Recursos Humanos, relativa á celebración do segundo exercicio da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde.

Por Resolución do 9 de xullo de 1999 fixéronse públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso selectivo para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, relativos á celebración do segundo exercicio da fase oposición (DOG nº 135, do 15 de xullo).

Necesidades organizativas determinaron a coincidencia horaria entre diversas categorías así como a realización das respectivas probas nunha soa sede, en concreto no relativo ás categorías do grupo auxiliar da función administrativa, persoal de servicios xerais e cociñeiro.

Así, o segundo exercicio das categorías do grupo auxiliar da función administrativa e persoal de servicios xerais realizarase, respectivamente, os días 27 e 28 de xullo, no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela, sito en San Lázaro s/n, mentres o da categoría de cociñeiro realizarase os días 26, 27, 28, 29 e 30 de xullo, no Hospital Materno Infantil da Coruña, sito nas Xubias s/n.

Por isto, e co fin de garantizar ós aspirantes que superaran o primeiro exercicio de calquera destas tres categorías a realización do segundo exercicio de aquelas outras categorías das cales a data e hora

do exame coincida coas anteriores, e para as que teñen asignada outra sede distinta, a División de Recursos Humanos

ACORDA:

Primeiro.-Os aspirantes que concorran simultáneamente a todalas categorías que se especifican nalguno dos seguintes supostos, poderán realizar todolos exercicios das ditas categorías no Pazo de Congreso e Exposicións de Santiago de Compostela, sito en San Lázaro s/n:

Día 27 de xullo de 1999:

1º.-Grupo auxiliar da función administrativa e pinche.

2º.-Grupo auxiliar da función administrativa, pinche e celador.

3º.-Grupo auxiliar da función administrativa, grupo de xestión da función administrativa e celador.

4º.-Grupo auxiliar da función administrativa, grupo de xestión da función administrativa, celador e pinche.

28 de xullo de 1999:

1º.-Persoal de servicios xerais e auxiliar de enfermería.

2º.-Persoal de servicios xerais e TER.

Segundo.-Os aspirantes que, o día 27 de xullo de 1999, concorran simultáneamente ás categorías de cociñeiro, pinche e/ou celador, poderán realiza-lo exercicio das categorías de pinche e/ou celador no Pazo Municipal de Deportes da Coruña (ó lado do Estadio de Riazor), independentemente da sede inicialmente asignada para estas últimas categorías.

Terceiro.-Para garantiza-la simultaneidade na realización dos exercicios entre as distintas sedes de exame o chamamento dos aspirantes incluídos nos apartados primeiro e segundo desta resolución, farase no mesmo horario establecido no apartado primeiro da Resolución do 9 de xullo de 1999 antes citada, realizándose o chamamento para as categorías do grupo auxiliar da función administrativa, persoal de servicios xerais e cociñeiro na data e quenda asignada a cada aspirante nos listados publicados nos taboleiros de anuncios dos lugares expresados na base 30 da Resolución do 28 de decembro de 1998 (DOG nº 9, do 15 de xaneiro de 1999).

Cuarto.-O resto de aspirantes que concorran en otras categorías non incluidas nos apartados primeiro e segundo desta resolución, entre as que, por tanto non hai coincidencia horaria, deberán realizar necesariamente os seus exercicios nas respectivas sedes asignadas para cada categoría.

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 1999.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos