Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Venres, 23 de xullo de 1999 Páx. 9.562

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA

EDICTO (02/0004392/1999).

Por este edicto faise saber que, en providencia dictada no día de hoxe pola Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, se acordou admitir a trámite o recurso interposto polo procurador Juan Lage Fernández-Cervera en nome e representación de Pesquera Xurel, S.L., Francisco Monteagudo Ayaso, José Teira Sampedro, Manuel Vidal Olveira, Alfredo Fernández Fernández, Pesquera JMC, S.L., Francisco Ayaso Casais, Antonio Javier Ayaso Casais, Andrés Cipriano Teira, Antonio Queiruga Sampedro, Fernando Queiruga Sampedro, Francisco Reiriz Teira, Santiago Iglesias Martínez, Arturo Iglesias Martínez, Francisco Muñiz Orellán, José Benito Muñiz Orellán, Manuel Muñiz Orellán, Jesús Muñiz Orellán, Juan Carlos Muñiz Orellán e Fernando Muñiz Orellán contra a orde da Consellería de Pesca do 21 de marzo de 1999 pola que se regula a pesca peláxica con arte de cerco na campaña de 1999 (DOG do 8 de abril).

Recurso número: 02/0004392/1999.

A publicación deste anuncio servirá de emprazamento ás persoas que non o foron persoalmente e teñan un dereito ou interese lexítimo no citado recurso, que poderán comparecer en legal forma no prazo de nove días. Se o fixeren con posterioridade, teráselles por parte para os trámites non precluídos.

A Coruña, dezasete de xuño de mil novecentos noventa e nove.

A secretaria

Rubricado

Visto e prace

O presidente

Rubricado