Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Venres, 23 de xullo de 1999 Páx. 9.565

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica que se cita. (Expediente 68/1998).

Declarados de urxente ocupación os bens e dereitos afectados pola instalación da liña eléctrica aérea a 20 kV con orixe no apoio s/n da L.M.T. Boiro-Rianxo e final no centro de transformación proxectado, tipo intemperie, O Pazo e rede de baixa tensión de 0,470 km, de lonxitude, no termo municipal de Rianxo (expediente 68/1998) por resolución desta delegación provincial, do 29 de xaneiro de 1999, a favor da entidade beneficiaria Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. con domicilio en Avda. de Arteixo, nº 171, 15007 da Coruña.

Esta delegación acorda sinala-lo día 17 de agosto de 1999 para o levantamento das actas previas á ocupación, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954 e 56 do seu regulamento do 26 de abril de 1957, nas que se describirán os bens e dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica contidos na relación de predios

que se expón xunto con esta resolución no taboleiro de edictos de Concello de Rianxo, deducida da que se someteu a información pública no DOG con data do 9-7-1998, no BOP con data do 9-6-1998 e no xornal El Correo Gallego con data do 6-6-1998, acto ó que deberán concorre-los propietarios propostos dos predios afectados, ós que se lles practicará notificación individual sinalándoselle-los horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas da referida casa do concello.

Esta publicación realizarase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade con artigo 5 da citada Lei de expropiación forzosa.

A Coruña, 16 de xuño de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña