Declarados de urxente ocupación os bens e dereitos afectados pola instalación da liña eléctrica aérea a 15/20 kV de 0,591 km de lonxitude, con orixe na L.M.T. Vilar-Crendes, centro de transformación tipo intemperie e rede de baixa tensión no lugar de Macenda, no termo municipal de Abegondo (expediente 142/1998) por resolución desta delegación provincial, do 26 de abril de 1999, a favor da entidade beneficiaria Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. con domicilio en Avda. de Arteixo, nº 171, 15007 da Coruña.
Esta delegación acorda sinala-lo día 5 de agosto de 1999 para o levantamento das actas previas á ocupación, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954 e 56 do seu regulamento, do 26 de abril de 1957, nas que se describirán os bens e dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución no taboleiro de edictos de Concello de Abegondo, deducida da que se someteu a información pública no DOG con data do 30-6-1998, no BOP con data do 9-6-1998 e no xornal La Voz de Galicia con data do 12-6-1998, acto ó que deberán concorre-los propietarios propostos dos predios afectados, ós que se lles practicará notificación individual sinalándoselle-los horarios de toma de datos sobre o terreo e do levan
tamento efectivo das actas nas oficinas da referida casa do concello.
Esta publicación realizarase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade con artigo 5 da citada Lei de expropiación forzosa.
A Coruña, 17 de xuño de 1999.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña

