Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Venres, 23 de xullo de 1999 Páx. 9.572

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLO DA CULTURA GALEGA

CONVOCATORIA da II edición do premio Arquivo da Emigración Galega. Modalidade: prensa escrita.

Bases

1. O Consello da Cultura Galega, a través do Arquivo da Emigración Galega, convoca o premio Arquivo da Emigración Galega para prensa escrita. Poderán participar nel xornalistas e colaboradores de prensa que publicasen, entre o 1 de setembro de 1998 e o 10 de setembro de 1999, noticias, crónicas, entrevistas, artigos de opinión ou reportaxes, en calquera medio impreso, e que fagan referencia á emigración galega en calquera das súas facetas.

2. O prazo de presentación dos traballos rematará o día 10 de setembro de 1999.

3. Os traballos deberán ser presentados no Rexistro do Consello da Cultura Galega en orixinal da páxina ou páxinas enteiras en que foi publicado e cinco

copias do mesmo tamaño en que foron publicadas. En caso de ser publicado con pseudónimo, iniciais ou sen sinatura deberá xuntarse unha certificación do director do medio que non deixe lugar a dúbidas sobre a autoría súa. No caso de que a autoría corresponda a un equipo farase constar con claridade a identidade de tódolos seus membros.

4. O xurado estará formado polo presidente do Consello da Cultura Galega, o director do Arquivo da Emigración Galega, tres expertos en estudios migratorios e dous xornalistas de prensa escrita nomeados pola Comisión Executiva por proposta do Arquivo da Emigración Galega.

5. A decisión do xurado, que será inapelable, darase a coñece-lo día 30 de setembro do presente ano. O xurado ten a potestade de declarar deserto o premio.

6. Haberá un único premio de 500.000 pesetas para o traballo seleccionado.

7. A participación neste premio supón a aceptación destas bases.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 1999.

Carlos Casares Mouriño

Presidente do Consello da Cultura Galega